domingo, 19 de marzo de 2017

O UNIVERSO

Na clase de 5 anos queremos aprender moitas cousas sobre o universo, por iso imos iniciar un proxecto sobre el.

Como non temos ningunha información fomos á biblioteca para buscala e isto é todo o que conseguimos.

Súper interesante!!!









lunes, 6 de febrero de 2017

XOGOS OLÍMPICOS EN CEDEIRA 2017


Despois de tanto traballar os deportes, pasiño a pasiño conseguimos rematar o noso estadio olímpico.
Mirade que chula quedou a nosa maqueta.












lunes, 23 de enero de 2017

Queremos agradecer a tódalas familias que enviaron decorada a antorcha navideña pois o cole quedou precioso con elas.

Se non as puidechedes ver colgadas cole aquí as tedes, aínda que seguro que esquecimos algunha e non a fotografiamos, disculpade se é así.


Chocolatada!!!

Hola a todos!!!
Por fin aquí tedes as imaxes da estupenda chocolatada que nos organizou este ano a AMPA do cole. Chocolate, rosca e churros pero non uns churros normaliños, que va, trouxeron ó mismísimo churreiro ao cole con camión e todo e claro os churros estaban boísimos.
Mirade como demos cabo deles!!!



martes, 20 de diciembre de 2016

As cores dos continentes

Xa sabedes que este ano o noso proxecto de centro é "Tod@s xogamos" no cal estamos a traballar os deportes olímpicos e as olimpiadas.

Investigando nas aulas descubrimos que as cores dos aros olímpicos representan a cada un dos continentes.

Por iso fixemos un mural no que coloreamos cada continente da súa cor. Foi moi divertido e quedou precioso.








miércoles, 14 de diciembre de 2016

Abecedario por equipos (1ª parte)

Cada mércores, os nenos e nenas da clase de catro anos facemos un abecedario pero non é un abecedario normal pois o facemos por equipos de xeito cooperativo.
A profe reparte unha letra a cada equipo e nos temos que ir coloreando un debuxo que leva esa letra e tamén temos que repasar a palabra pero temos que facelos entre todos e para iso imos turnándonos e cada un fai un pouquiño.

Nos encanta esta actividade, disfrutamos moitísimo con ela pois estamos descubrindo a importancia de facer as cousas entre todos e axudarnos.